Benvido á praza Roberto. Vin o comentario que fixestes no fío do "Equipo de desmotivación". Eu de ti non agardaría resposta, sería un milaghro. Este espazo polo dagora non é máis que un desafogo para ter os militantes contentos pensando que as aportacións que se fan aquí servirán para algo, pero realmente ninguén nos escoita.
Invítoche a participar nun grupo de traballo que está aberto á participación de todos no que estamos buscando o xeito de mellorar a praza para que sirva para o que foi creada, que é en definitiva un sitio para facer propostas que sexan tidas en conta por Pablo e os 72.
Un saúdo, e se tes algunha pregunta de como moverte por aquí non dubides en preguntar.
Podemos pro plaza soberana Todo o mundo está invitado a participar neste grupo.